En categoría feminina Mariam Ferrán proclamouse campioa galega sub 23, e en masculina Víctor Bouzón subcampión sub 23 e Miguel Daporta subcampión veterán

O pasado sábado disputábase na localidade de Boiro o campionato galego de dúatlon 2021 e ata alí desprazáronse 7 deportistas do club que acadaron un moi bo botín.

Na categoría feminina Mariam Ferrán ocupaba un fenomenal 5º posto na clasificación xeral que lle valía ademais para proclamarse campioa galega sub 23 de dúatlon. Elena Miguens remataba no posto 21º e Andrea Iglesias no posto 25º. O equipo feminino non acadaba puntuación ao non ter 3 deportistas clasificadas previamente.

Na proba masculina tamén moi destacada actuación de Víctor Bouzón obtendo o 9º posto absoluto que lle valía para obter o subcampionato galego sub 23, gran 14º posto tamén para Miguel Daporta co que obtiña o subcampionato galego veterán empatado a tempo co primeiro clasificado, Adrían Picallo remataba no posto 57º e Juan Cepeda no 68 completando así a participación do club que remataba en 8º lugar na clasificación por equipos.

A proba disputábase en formato contra o reloxo e na teoría non se podía ir a roda. Dicimos na teoría porque establecer un circuíto ciclista a 5 voltas facendo saídas de 2 deportistas cada 20″, ven sendo na práctica nalgún momento no circuíto ciclista como se as saídas se fixesen cada 2 segundos, sendo imposible a regra de non ir a roda. Iso e mais unha deficiente medición nese sector, sobre todo na proba feminina, onde moitas deportistas se perderon ao non coincidirlles as voltas percorridas coas distancias programadas, convertérono nun campionato galego un pouco peculiar, que nos privou de seguro dalgunha medalla mais na proba feminina. Non obstante, e pese aos erros, é de louvar calquera organización que asume levar a cabo competicións nesta tesitura.  Esperemos que cada vez queden menos para poder voltar a normalidade competitiva prepandemia.

Un ano máis @s nos@s duatletas respostaron a cita autonómica e compre darlle a todos os parabéns polas actuacións da fin de semana!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *