Tras a disputa das 2 primeiras xornadas celebradas a pasada fin de semana en Alcobendas, os nosos equipos masculino e feminino atópanse na 9ª posición na segunda división.

Deu comezo a liga nacional 2021 onde un ano máis están os nosos dous equipos, como integrantes da segunda división. A cidade madrileña de Alcobendas acollía o sábado o campionato de España de dúatlon contra o reloxo, que era a primeira xornada da liga, e o domingo tiña lugar o campionato de España de dúatlon por relevos (2ª xornada).

Ámbalas escuadras viaxaban coa escaseza de competición previa, o que ante unha liga cuxo nivel cada ano vai en aumento, facía ter certa incerteza sobre o resultado que podían acadar, pero finalmente unha vez máis as dubidas disipáronas co comezo da competición.

O primeiro equipo en entrar en competición foi o feminino, que na mañá do sábado disputaba o campionato de España de contra o reloxo, obtendo un meritorio 27º posto na xeral, que o postre sería o 8º posto na segunda división. Andrea Espiño, Gabi Quintás, Elena Miguens, Liliana Alexandre, Mariam Ferrán e Patri Viadel, lograban superar as adversidades, e malia unha doble avaría no ciclismo que obrigaba a esta última a abandoar, completaban a primeira xornada con solvencia.

Pola tarde era o turno do equipo feminino composto por Miguel Daporta, Ismael García, Martiño Iglesias, Víctor Bouzón, Yago Carballo e Juan Cepeda. Tras uns primeiros quilómetros nos que Juan se vía obrigado a abandonar o equipo víase na tesitura de afrontar a proba se a penas marxe de erro, e soubo manexar os tempos da carreira para finalmente rematar na novena posición da división (35º na xeral do campionato de España), acadando así un satisfactorio resultado nunha modalidade que históricamente non se lle da demasiado ben ao club.

Logo dun arranque prometedor, no que se disipaban as dudas iniciais o domingo era o turno do campionato de España de dúatlon por relevos e as/os nosas/os duatletas afrontaba a xornada xa repletos de confianza, pero coa responsabilidade de dar un paso máis cara unha permanencia que non é tarefa doada. Este días os primeiros en competir eran os rapaces. Víctor Bouzón, César Otero e Miguel Daporta eran un ano máis os relevistas do club e realizaban unha grandísima proba, rematando vixesimoquintos na clasificación xeral, pero o mais importante no posto 5º da segunda división, o que situaba ao final da xornada ao club con 96 puntos na novena posición, pero cun colchon de 29 puntos sobre o descenso, tendo o ascenso incluso a menor distancia.

E xa por último o equipo feminino afrontaba a xornada con Liliana Alexandre, Patri Viadel e Tania Garabatos, que tamén acadaban un moi destacado 27º posto, repetindo o 8º posto na segunda división do día anterior, situandose con 91 puntos a 27 de descenso, nunha zona que da certa confianza para afrontar o que queda de competición.

A seguinte cita da liga será en La Nucía (Alacante) os días 8 e 9 de maio, onde se disputarán 3 xornadas que van a ser vitais para o desenlace da liga, o campionato de España de dúatlon supersprint, o campionato de España de dúatlon relevos por parellas e o campionato de España de dúatlon relevo 2×2. Previamente a esta cita teremos o día 1 de maio o campionato galego de dúatlon absoluto, onde estarán presentes media ducia de duatletas do clube, menos que noutras ocasións, motivado pola escaseza de prazas de inscrición nos clasificatorios, que non lle permitíu poder nin inscribirse a deportistas que a ben seguro se clasificarían para dita cita.

Non é tarefa sinxela o acadado esta fin de semana, soamente está posta a primeira pedra e hai que seguir na pelexa, pero polo de pronto so queda felicitar as/os nosas/os deportistas polo compromiso e polo rendemento amosado unha vez mais. Parabéns!!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *