A toma de tempos é neste 2021 é criterio clasificatorio para os campionatos de España de dúatlon e tríatlon, e nela @s nos@s deportistas conseguiron mellorar as súas marcas pese a todas as dificultades para poder adestrar nos últimos meses

5 deportistas do clube desprazáronse ata Pontevedra na pasada fin de semana a participar na toma de tempos anual da Fetri. Na xornada do sábado foi o turno das rapazas: Andrea Iglesias, Gabriela Quintás e María Pereira, e no domingo a quenda foi para os rapaces Martiño Iglesias e Arón Lorenzo.

Non foron fáciles estes últimos meses, por todas as dificultades para facer deporte por mor das restriccións existentes en xaneiro e febreiro, pero moi especialmente no que respecta a natación, pois durante todo este tempo non puideron tocar a auga e chegaban a cita sen a penas adestramentos neste medio.

Unha vez máis voltaron a sorprendernos. En Natación nos 100 metros, marca persoal para os 5 e nos 400, proba onde a falta de actividade podía pasar mais factura, todos eles estiveron moi preto dos seus mellores rexistros. E na carreira a pe tamén marcas persoais para todos tanto nos 1000 metros lisos como nos 200 metros lisos.

Polo tanto non queda outra que felicitar aos 5 por ser capaces de manter a intensidade dos seus adestramentos cando as cousas se poñían complicadas e por mostrar a súa mellor versión competitiva nas circunstancias máis adversas. Toca seguir traballando con desexo de que veñan tempos mellores, onde poida saír a luz o esforzo diario. Polo de agora, parabéns polo camiño xa andado!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *