Bronce de Víctor Bouzón no galego de 3000 metros sub 23, e no dúatlon de Santiago Elena Miguens campioa veterana e Yago Carballo 3º sub 23 na proba absoluta, mentres que no «Circuíto Mozo» meritorio 8º posto para a nosa escola.

A pasada fin de semana o club afrontaba por primeira vez en moito tempo unha competición con numerosa representación, no que era o retorno a competición tras máis de un ano de algúns dos nosos deportistas.

Así o sábado tiña lugar o 18º Duatlón Cidade de Santiago, que era o primeiro clasificatorio para o campionato galego absoluto.  Os resultados máis reseñables tivéronos Elena Míguens que logrou gañar a categoría veterán, sendo ademais 13ª na clasificación xeral e na categoría masculina Yago Carballo ocupaba o 3º posto sub 23 (38º da xeral). O primeiro clasificado do club nesta categoría era Juan Cepeda na 30ª posición, mentres que completaban a participación do club Adrián Picallo 43º, Marcos Borges 60º, Oscar Valle 76º, Fernando Fernández 80º e Fran Cuenca 112º.

Previamente a esta proba tiña lugar a estrea do «Circuíto Mozo» onde a nosa escola acadou o 8º posto da xeral. As xuveniles Gabi Quintás e Andrea Iglesias remataron 5ª e 12ª da xeral respectivamente, mentres que na categorías cadete, en homes Arón Lorenzo era 10º, Brais Otero 37º, Hugo Cea 38º e Xandre Pomar 41º e en cadete feminino María Pereira era 14ª.

Xa o domingo cita para o atletismo en Pontevedra ata onde se desprazou Víctor Bouzón para disputar a proba dos 3000 metros lisos, que malia non se atopar con moi boas sensacións acadaou a medalla de bronce.

Parabéns a tod@s!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *