No campionato galego medalla de prata para Victor Bouzón nos 1500 sub 23 e 5º posto nos 800 metros para Martiño Iglesias, mentres no control de marcas Gabi Quintás e Arón Lorenzo obtiñan marca persoal e María Pereira volvía a competición un ano despois.

Este sábado por fin arrancaba a tempada competitiva e faciao xusto na semana na que se aliviaban as restriccións que a partir do luns 1 de marzo nos permitirán retomar os adestramentos en grupo. Pontevedra acollía o campionato galego para as probas de 400, 800 e 1500 metros lisos das categorías sub 20 e sub 23 e ata alí se desprazaron 5 deportistas do club.

No campionato galego eran dous os «olímpicos» que tomaban parte. Na proba dos 1500 metros lisos Víctor Bouzón debutaba na distancia facéndose coa medalla de prata na categoría sub 23 con unha moi boa marca de 4′ 16″, que de darse outra carreira probablemente houbese rebaixado. Nos 800 metros lisos sub 20 participaba Martiño Iglesias logrando un gran 5º posto, cunha marca de 2′ 12″ que de seguro houbera sido moito mellor de non verse obrigado a competir na serie b por carecer de marcas previas, facendo a carreira en solitario dende o primeiro metro, co que non foi quen de xestionar ben o ritmo da mesma.

No control de marcas competían 3 deportistas con moi boas prestacións. Nos 1500 metros lisos sub 18 Gabi Quintás acadaba unha excelente marca de 5′ 01″ rebaixando a súa marca persoas en 18 segundos e Arón Lorenzo facía o propio rebaixando en máis de 20″ a súa anterior marca para deter o reloxo en 3:11 na proba dos 1000 metros sub 16. Pasouno un pouco peor María Pereira nos 600 metros lisos sub 16, onde o feito de levar tanto tempo sen competir fixo que na segunda parte de carreira pagase o haber empezado a un ritmo demasiado rápido, rematando finalmente cun tempo de 2′ 07 segundos.

Está comezando a tempada, as sensacións son boas e o importante é que se poida voltar paseniñamente a competición para que as e os nosos deportistas poidan retomar sensacións e seguir coa súa progresión. Para a semana máis e mellor. A seguir!!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *