Gabriela Quintás 4ª xuvenil e Martiño Iglesias 7º junior aseguran praza para o nacional de Avilés, onde agardamos se poida ver incrementada a expedición

O pasado domingo tiña lugar o campionato galego cadete, xuvenil e junior de dúatlon en Narón, a onde se deprazaban 8 deportistas do noso club. Sobre unha distancia de 2 qm de carreira, 7,5 de ciclismo e novamente 1 de carreira e en formato contra o reloxo as/os nosas/os duatletas buscaban dar o mellor de si mesmos, nunha loita contra si mesmos, para acadar o mellor resultado posible.

A 7 segundos do bronce e 14 da prata quedouse Gabriela Quintás no cuarto posto xuvenil, pero afinando cada vez máis a súa posta a punto e logrando o pase directo para o campionato de España que se disputará en Avilés o 10 de abril. Na mesma categoría excasa fortuna para Andrea Iglesias, que logo de realizar un ilusionante parcial a pe, estaba a completar un excelente sector ciclista, ata que unha avaría a 2,5 qm da transición lle obrigaba a abandonar. Haberá que esperar uns días a que se concreten os distintos criterios, pero o máis probable é que tamén obteña praza no nacional.

Bo rendemento tamén para Martiño Iglesias, que tras un 2020 onde non puido acadar continuídade nos adestramentos, acadou o 7º posto na proba junior con excasas semanas de adestramento. 

Polo que respecta aos cadetes, na proba masculina lograron o 9º posto por equipos co 14º posto para Arón Lorenzo, 51º Hugo Cea, 52º Brais Otero e 55º Xandre Pomar. E en categoría feminina María Pereira remataba na 18ª posición, debendo esperar xunto con Arón e Andrea a coñecer se teñen finalmente praza no nacional de dúatlon.

Imos pois paseniñamente tomando o pulso á competición, nas categorias máis avanzadas, desexando que pasada a Semana Santa poidan empezar a ir recuperando as competicións as categorías de base, nunha primavera que vai estar marcada pola intensidade do calendario competitivo dos equipos absolutos nas ligas nacionais de dúatlon e tríatlon

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *